Consellos para aproveitar o verán con novas opcións para manterse en forma

Sendeirismo e trekking, a mellor opción á hora de aproveitar o tempo libre.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/06/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Coa chegada do verán e as altas temperaturas resulta máis complicado animarse a facer deporte, pero é importante manterse activo xa que mellora o descanso, sube o ánimo e favorece aos músculos e ósos. Por todo isto hoxe ofrecemos dúas alternativas que se adaptan a todo tipo de persoas, dende os máis activos ata os máis sedentarios.

Sendeirista facendo unha ruta de sendeirismo
Sendeirista facendo unha ruta de sendeirismo | Fonte: EP

O senderimos e o trekking son dúas modalidades que consisten en facer rutas a pé,a principal diferencia atópase en que no sendeirismo os percorridos son de corta duración, un día ou dous, por sendeiros trazados e delimitados; mentres, o trekking, conta cunha dificultade media-alta, cunha duración maior, dunha semana ou máis, por un camiño que non ten que estar necesariamente trazado previamente.

En canto á preparación previa, Daniel Lara, experto en actividade física, saúde e novas tecnoloxías da Universitat Oberta de Catalunya (UOC), fala da inportancia da preparación  xa que non só evitará problemas á hora de levar a cabo a actividade, senón que tamén permitirá poder disfrutar dela plenamente. Pola súa parte, Rubén Jiménez, experto en nutrición, xenética e deporte, tamén desta universidade, recomenda comezar esta práctica dun modo paulatino e adecuado ás capacidades físicas de cada persona. "Se se trata dun terreo montañoso esixente, non é unha boa maneira de iniciarse no exercicio físico", indica.

Polo tanto, as claves antes de comezar co deporte este verán son, a preparación previa, con exercicios como subir polas escaleiras en lugar do ascensor, saír a camiñar unha hora ao día, realizar exercicios de forza para gañar forza muscular; ter unha dieta adecuada na que se beba moita auga e se reduza a cafeína e o alcohol e, por último, quentar e estirar antes e depois da realización de actividade física para evitar lesións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta