Rugby inclusivo: "Un equipo diverso onde toda persoa é benvida"

Así se define o Tuxuleires, o equipo de rugbi compostelá inclusivo. Nado en 2022 é agora un proxecto do Centro Sociocultural Don Bosco que se crea coa pretensión de explorar camiños de desenvolvemento social e compromiso coa educación en valores.

Por Águeda Cernadas | Santiago de Compostela | 07/07/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

En España, 4,3 millóns de persoas sofren unha discapacidade segundo o INE, por iso é importante facer un traballo de fondo e crear iniciativas inclusivas para que estas persoas poidan desenvolver unha vida o máis normal posible. Unha destas iniciativas é o equipo de rugbi Tuxeleires, nado no 2022 en Santiago de Compostela por Betty Germil, nese momento presidenta da escola de rugbi da cidade compostelá.

Equipo de rugbi Tuxeleires
Equipo de rugbi Tuxeleires | Fonte: Tuxeleires

Betty Germil contoulle a idea a Xabier Vidal Unzurrunzaga, educador social de 24 anos que non dubidou en aceptar. Agora Tuxuleires é un proxecto do Centro Sociocultural Don Bosco, quen quere explorar camiños de desenvolvemento social e compromiso coa educación en valores.  "Era a oportunidade idónea de crecemento e desfrute sen ninguha pretensión de futuro nin presión", explica Xabier.

O curioso nome que teñen xorde, como todo neste equipo, da democracia participativa. "A raíz da proposta de unificar Picheleires, xentilicio compostelá en liguaxe inclusiva, e Touch, denominación do saque de banda no rugbi, naceu este nome co que todo o equipo estivo de acordo", recorda o educador.

Falando de equipo, preguntamoslle a Xabier como foi a elección dos xogadores para formar o equipo. Di que acudiron aos axentes en materia de discapacidade da zona e abriron portas no tecido comunitario, pero lembra que "calquera persoa, sexa cal sexa a súa capacidade, xénero,... pode participar". "Somos un equipo diverso no que toda persoa é benvida", afirma o educador.

"Somos un equipo diverso no que toda persoa é benvida"

E disto dan fé os propios xogadores que contan a súa experiencia. Anxo explica que a mellor parte de ir adestrar é o tempo que pasa alí co resto do equipo. "Sempre o paso moi ben, por iso vou, non teño nada malo que dicir", confesa. Pola contra, Paola comezou como voluntaria en Aspas e non se imaxinaba que ía xogar. A súa idea era ser un apoio máis alí, pero unha vez dentro pareceulle unha boa oportunidade de probar algo novo e facer máis deporte. "Cando vin que a cousa iba máis enserio decidín seguir xa que me gustaba a idea de formar parte do equipo, gústabame o ambiente do grupo e foi unha decisión doada" explica a xogadora.

FINACIAMENTO

En canto á financiamento deste proxecto, Xabier explica que ata o de agora, ningunha empresa nin entidade pública mostrou interés en patrocinalos, aínda así, solicitaron varias subvencións, tanto públicas como privadas que ainda non están resoltas pero que esperan que sexan aprobadas e podan ter fondos para potenciar o desenvolvemento desta actividade. Pero ata o de agora seguen autoxestionandose a pesar dos recursos limitados que teñen. "Estamos abertos a colaboracións con diferentes axentes do territorio", recorda o educador

Ademais tamén nos gustaría saber cal consideran que é, dende o propio entorno, a mellor maneira de darlle visibilidade a este tipo de iniciativas e eles o teñen claro e creen que son as Federacións deportivas as encargadas de apostar polo deporte inclusivo e afirman que a Federación Galega de Rugbi cumpliu o seu papel moi ben e involucrouse "de xeito contundente" polo que a considera unha referencia neste sentido. Xabier ademais anima a todo aquel ao que lle ronde a cabeza unha idea similar que o faga xa que é un espazo "amigable e cercano". Considerao unha experiencia enriquecedora na que non tes que traballar con presión nin tes que estar ahí se non ques.

Falamos tamén co adestrador do Tuxeleires, Brais Gómez, que explica que o mellor de ir a adestrar é "o sorriso co que te recibe todo o mundo", "tan contentos de verte como ti de velos a eles e elas", engade. Como él mesmo di, esto demostra que é un espazo do que se sinten plenamente orgullosas e orgullosos. Tamén nos confesa que o peor do adestramento é cando ten que marchar antes ca o resto e non pode desfrutar o tempo completo cos seu equipo.

"É destacable o bo ámbiente e as gañas de desfrutar que ten todo o mundo. É espectacular a dinámica de grupo"

Finalmente pedímoslle a Xabier que nos destaque o que para él é a mellor parte deste proxecto. A verdade é que xo ten claro e non ten nin que pensalo. "A implicación de todos os participantes. Esperabamos ser un grupo pequeno e a acollida que tivo foi espectacular, xa pasaron máis de 200 persoas polos adestramentos", salienta orgulloso o educador que explica "este espazo supón unha necesidade para moita xente e a que ven a adestrar goza moito a actividade". "Por iso é destacable o bo ámbiente e as gañas de desfrutar que ten todo o mundo. É espectacular a dinámica de grupo".

Unión, equipo, igualdade e moito deporte, así é o Tuxeleires, que máis que un equipo de rugbi é unha familia onde cada un síntese querido e valorado independentemente do seu xénero, condición, relixión, ou calquera diferenza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta