Por E.P. | VIGO | 12/07/2023 | Actualizada ás 17:40
Empresarios e sindicatos do sector do metal da provincia de Pontevedra terminaron sen acordo a décimo terceira reunión para tratar de pactar un novo convenio colectivo, polo que se citaron para o vindeiro venres, día 14 de xullo.
Segundo fontes sindicais, tras un tres horas de encontro cheo de reproches sobre o ocorrido nas últimas semanas durante as xornadas de folga, ao final todas as partes destacaron a necesidade de avanzar para chegar a un acordo, polo que volverán verse as caras dentro de dous días.
Nun comunicado, a parte empresarial, representada por Asime, Atra e Instalectra, subliñou que este mércores serviu para repasar propostas e tentar achegar posturas. "A pesar dos prexuízos ocasionados pola folga e o enorme custo que tivo tanto en materia de produción como en perda de contratos e imaxe, expuxemos de novo a proposta que presentamos o pasado día 19 de xuño", reivindicou.
Ambas as partes emprazáronse a continuar a negociación o venres a partir das 11,00 horas nunha nova reunión en Vigo, co obxectivo de "falar e dialogar".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.