Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2023 | Actualizada ás 20:06
A Federación de Librarías de Galicia sumouse ao chamamento da Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (Cegal) no que defendeu a pervivencia do Ministerio de Cultura e as políticas de fomento da lectura.
Nun comunicado, a Federación quixo "deixar clara" a necesidade de "pór freo" a todas aquelas políticas "que resulten lesivas" para a cultura, para a liberdade de expresión e pensamento critico.
Así, explicou que as manifestacións realizadas e medidas adoptadas "por algúns representantes políticos" nas últimas semanas "fan máis necesario que nunca" apostar pola pervivencia das políticas culturais e de fomento de lectura "dotándoas convenientemente".
A entidade galega remarcou o seu "profundo rexeitamento" a calquera medida que supoña "censura, menoscabo da capacidade de opinión e crítica, ou que atenche contra o acceso igualitario á cultura para toda a cidadanía".
Ademais, detallou, no comunicado, que as industrias culturais representan un 2,2% do Produto Interior Bruto (PIB), situándose no 3,2% se se inclúen as actividades vinculadas coa propiedade intelectual.
Nesta liña, remarcou que nos últimos anos non só aumentaron os hábitos de lectura senón que o sector editorial español "creceu un 1,1,% en 2022". Así, defendeu a presenza das librarías en barrios e municipios "como axentes culturais de proximidade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.