A provincia de Ourense rexistra tres terremotos en dez horas de magnitudes entre 1,5 e 2 graos

O máis grande foi o primeiro, o mércores en Verea.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 27/07/2023 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

A provincia de Ourense rexistrou tres terremotos nun prazo de dez horas, segundo datos do o Instituto Xeográfico Nacional.

O primeiro dos tres rexistrouse o mércores no Concello de Verea, pasadas as 17.30 horas da tarde, cun epicentro a 23 quilómetros de profundidade e cunha magnitude de 2 graos.

A medianoite do mércores ao xoves, ao redor das 00.17 horas, rexistrouse o segundo, segundo o Instituto Xeográfico Nacional. Un sismo de magnitude 1,5 neste caso no Concello de Vilamarín, cun epicentro a 8 quilómetros de profundidade.

O último dos tres foi no Concello da Merca, que rexistrou este xoves, ao redor das 03.42 horas da madrugada, un terremoto de magnitude 1,6 (epicentro a 12 quilómetros).

Terremoto na Merca
Terremoto na Merca | Fonte: INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta