Drespregamento policial en Barbadás por un home atrincheirado nun piso da localidade

Foi un particular quen alertou a Emerxencias pedindo a intervención das forzas da orde.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2023 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

Un home atrincheirouse nun piso da Avenida de Celanova, na Valenzá, no municipio ourensán de Barbadás, o que motivou un amplo despregamento policial, segundo informan a Europa Press fontes do 112.

Este servizo de emerxencias recibiu unha primeira chamada de aviso ás 7,20 horas deste martes, a cargo dun particular que solicitaba a intervención das forzas da orde por un home que estaba "un pouco alterado", á altura do número 39 da Avenida de Celanova.

O 112 mobilizou aos servizos sanitarios e á Garda Civil, que se desprazaron ata o lugar, onde tamén se atopan axentes da Policía Local, que aseguran que nestes momentos o operativo trata de mediar co individuo e acceder ao domicilio.

Axente da Garda Civil, de costas
Axente da Garda Civil, de costas | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta