Rueda sobre a xuntanza de Feijóo e Junts: "Unha cousa é falar cun partido e outra cun prófugo"

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/09/2023 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

As críticas do PP a Sumar e ao Goberno tras o encontro entre Yolanda Díaz e Puigdemont en Bruxelas colleron a contrapé a moitos dirixentes deste partido, mesmo ao propio Feijóo, que por un lado abrira a porta a reunirse co partido do ex presidente catalán e, pola outra, critica duramente que altos dirixentes políticos falen con el. Unha incomodidade que tamén ten o líder do PP galego e presidente da Xunta.

Carles Puigdemont
Carles Puigdemont | Fonte: @KRLS.

E é que Alfonso Rueda, como Feijóo, non sabe moi ben que contestar cando se lle pregunta se, tras as críticas realizadas polo seu partido a Yolanda Díaz, Feijóo debe seguir falando con Junts de cara a súa investidura. A súa reposta, elocuente. "Unha cousa é falar con Junts e outra cun prófugo da xustiza porque está condenado", dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta ao se preguntado por GC.

Neste sentido, defendeu a argumentación de Feijóo. "El xa foi claro e se Junts vaille pedir o que dixo Puigdemont pois non hai moito que falar", apuntou ao tempo que lembrou que o que non se pode facer é "deixar que se desatendan as prioridades" de Galicia para que "outro sexa presidente", en alusión a Pedro Sánchez.

Rueda lamentou que se "queira crebar o marco constitucional" e que "se vexa como normal" que "unha comunidade autónoma que debe 70.000 millóns pida a condonación de toda a débeda e 20.000 millóns máis". "Que se considere iso vai ser á conta dos outros e aí, desde logo, Galicia vai ser absolutamente firme. A nós ninguén nos pode quitar nada para darllo a outros", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta