O FIOT de Carballo contará nesta XXXII edición con Pepe Viyuela, Javier Gutiérrez e Kulunka Teatro entre outros

Este ano, a organización do FIOT elixiu como 'leitmotiv' a loita contra a intransixencia. Así figura no cartel do festival, que corre a cargo da ilustradora carballesa Laura Tova e que apela a valores como a "inquietude", a "transformación", o "cambio", o "diálogo" ou os "coidados".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2023 | Actualizada ás 20:48

Comparte esta noticia

A trixésimo segunda edición do Festival Internacoinal Outono de Teatro de Carballo levará á Costa da Morte algunha das grandes propostas das artes escénicas actuais, como a actriz Vicky Luengo, o humorista Pepe Viyuela, o multipremiado actor ferrolán Javier Gutiérrez ou ás compañías Kulunka Teatro e RedRum.

Ariadna Gil, Andrés Lima, Paco Bezerra, Cándido Pazó ou Diego Anido son outros dos nomes que conforman o extenso programa da nova edición do festival carballés, que terá lugar entre o 28 de setembro e o 31 de outubro.

A cita foi presentada este xoves nun acto que contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, quen destacou o peso dun festival que mostra "o mellor da creación galega" e que permite "asomar ao talento de referencia que se expande por toda España e fóra das súas fronteiras".

Este ano, a organización do FIOT elixiu como 'leitmotiv' a loita contra a intransixencia. Así figura no cartel do festival, que corre a cargo da ilustradora carballesa Laura Tova e que apela a valores como a "inquietude", a "transformación", o "cambio", o "diálogo" ou os "coidados".

O programa conta coas liñas habituais que conforman cada ano o festival: Programa de Sala, OTNI, Rúa dos Contos, Teatro de Rúa, FIOT en Ruta, Micro-escenas M2, FIOTeen e Fiotiño, ademais de actividades paralelas como exposicións, as gravacións de OndaFIOT, a celebración de xornadas profesionais, etc.

Xunto aos nomes mencionados, pasarán por Carballo as propostas de Suzie Miller, Luís Bermejo, Andrés Lima, Pepón Nieto, Jean Philippe Kikolas, Alberto Conejero, Xavier Bobés, Telmo Irureta, Anna Maria Ricart, Guillem Albà, Wilbur, Fernando Soto, Maribel Salas ou Aitziber Garmendia.

Galicia volverá estar representada da man de figuras clave das súas artes escénicas como son Cándido Pazó, Contraproduccións, Redrum Teatro, Diego Anido, Quico Cadaval, Roi Borallas, Antón Coucheiro, Soledad Felloza, ou Caxoto, entre outros.

Casa do Concello en Carballo
Casa do Concello en Carballo | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta