Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2023 | Actualizada ás 19:19
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, xunto co membro da área de relacións internacionais, Rubén Cela, e o concelleiro de Santiago Jesús Domínguez participaron este luns 11 de setembro nos actos da Diada Nacional de Catalunya.
Concretamente, xunto á militancia nacionalista no "pobo irmán" catalán, os dirixentes nacionalistas galegos participaron na tradicional ofrenda a Rafael Casanova. Como cada ano, as ofrendas florais de cada institución, partido e entidade fanse unha a unha e van seguidas do himno de Catalunya.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.