Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2023 | Actualizada ás 14:17
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) presentou hoxe a súa nova identidade corporativa, que ten como obxectivo "achegar a xustiza á cidadanía e transmitir a imaxe dunha institución seria e de confianza, á vez que moderna, aberta e que evoluciona coa sociedade", informa. Coma Comunicación Creativa foi a axencia seleccionada para levar a cabo o proxecto de modernización da imaxe do alto tribunal galego.
Partindo da balanza, símbolo de 'xustiza' e da bandeira de Galicia, o deseñador Carlos el Rojo obtivo un imagotipo "que aspira a ser distinguido pola maior parte dos galegos e galegas, destinatarios do servizo público que presta o TSXG". "A nova imaxe trata de expresar que o TSXG ofrece respostas aos conflitos de maneira imparcial, protexe ás vítimas e garante o cumprimento dos seus dereitos", engade o citado tribunal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.