Anova busca iniciar conversacións con espazos á esquerda do PSOE e comezar un diálogo sobre o seu futuro

O seu portavoz nacional, Martiño Noriega, afirmou que o obxectivo deste proceso de escoita é situar a Anova no contexto político.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2023 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Anova - Irmandade Nacionalista reuniu o pasado sábado no Hotel Congreso de Teo á súa Coordinadora Nacional para fixar os seus obxectivos máis próximos que, segundo sinalaron nunha nota de prensa, pasan por abrir o diálogo sobre o futuro da organización a toda a súa militancia e, ao mesmo tempo, impulsar conversacións cos espazos políticos situados "á esquerda do PSOE" para "fixar un lugar de encontro desde o que volver facer de Galicia un país para a maioría".

Durante este encontro, a Coordinadora Nacional rendeu contas da actividade da Comisión Permanente nos últimos meses "abrindo un debate sobre a situación política actual" e comezou a "traballar na próxima convocatoria dunha Conferencia Nacional que amplíe o proceso de escoita activa á militancia e á cidadanía", que terá lugar nos próximos meses.

O seu portavoz nacional, Martiño Noriega, afirmou que o obxectivo deste proceso de escoita é situar a Anova no contexto político, co horizonte posto nas próximas eleccións autonómicas desde o convencemento de que "o espazo de representación actual no ámbito institucional non garante un necesario cambio que impugne as políticas do PP".

Ademais, a organización destacou que durante este ano impulsou "a reactivación do apoio ás candidaturas locais, deu acompañamento e asesoramento político a diferentes movementos sociais nas súas reivindicacións e na loita frontal contra as políticas do PPdeG, organizando espazos de encontro e debate".

Martiño Noriega, alcalde de Santiago e dirixente de Anova
Martiño Noriega, alcalde de Santiago e dirixente de Anova

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Xan o Daniel

O BNG 2.0 vai plantexar algo mais que ser muleta do autonomismo? Vai recuperar o proxecto inicial de ruptura democrática? Si é así encantado de voltar a participar no voso proceso, de non ser así voltade a casa...

2 Sentidiño

Outro "proceso de escoita" para atopar "espazos de encontro"? E que tal facer cousas? Sobra tanta retórica, e falta a estratexia.

1 Gamela

Antes de seguir adiante penso que merecemos unha explicación do sucedido En Marea (especialmente o xogo de Mario López Rico ~ Villares) Non sería prudente volver facer alianzas no aire... pero se eles consideran que ser muleta do BNG é a solución, pois adiante cos faroles... Insisto que Martiño debera abrir a boca e dar explicacións !