Os medios tradicionais comezan a cambiar a súa liña editorial logo do 24M

O cambio de goberno en cidades como Santiago, A Coruña ou Ferrol e deputacións como a de Pontevedra e A Coruña están provocando que medios que tiveron unha liña editorial reacia ás mareas tenten, agora, aproximarse a elas. En xogo están, millóns de euros en subvencións públicas.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 02/06/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Moi poucos aventuraban un cambio tan fondo da política municipal, sobre todo, no espazo urbano galego logo dos resultados do 24M. As enquisas xa apuntaban unha tendencia á alta das mareas, pero nin os grandes partidos, nin os vellos medios de comunicación entenderon que ese cambio levaría por diante alcaldías tan importantes como as de Santiago, A Coruña ou Ferrol.

Os grandes medios de comunicación perciben axudas millonarias por parte da Xunta
Os grandes medios de comunicación perciben axudas millonarias por parte da Xunta | Fonte: sinsamarketing.com

De feito, o éxito das mareas foi tal que provocou un pequeno tsunami no Partido Popular que se viu forzado a abrir unha “autocrítica” e asumir cambios que poden supoñer, mesmo, a marcha de Alberto Núñez Feijóo a Madrid, como xa teñen suxerido varios medios de comunicación.

E a estes cambios tampouco son alleos os medios de comunicación tradicionais de Galicia, especialmente, os da provincia da Coruña, onde os cambios foron máis acusados que no resto do país. E é que, tanto La Voz de Galicia, como El Correo Gallego, xogaron durante a campaña electoral un papel ambivalente, máis proclives aos candidatos populares que ao resto dos partidos do arco político e, nalgúns casos, silenciando a algunhas candidaturas.

O propio Martiño Noriega facía alusión nunha entrevista ao GC, antes dos comicios, a “poderes económicos, mediaticos e fácticos” que estaban tentando boicotear ás mareas:

“Non nos enfrentamos só ao PPdeG, senón tamén a poderes económicos e fácticos que pese ao que pasou na cidade non queren que nada mude.

Portada de La Voz de Galicia o día depois das eleccións municipais do 24M
Portada de La Voz de Galicia o día depois das eleccións municipais do 24M

A que poderes te refires?

Eu non entendo o arroupo que se pode dar desde grandes poderes económicos da cidade ou poderes mediaticos ao PPdeG logo destes catro anos, agás que alguén veña e mos explique.

Pero quen?

Máis que identificalos o que pretendo é dicir que se chegamos ao goberno a participación vai ser fundamental para soster ese goberno e para arroupalo nas súas decisións.

Non quixo aclarar nin poñer nomes Noriega a eses “poderes”, pero entre eles, estaban os de grandes medios de comunicación de Galicia. O futuro alcalde desta cidade volvía referirse a eses “poderes” un día despois da súa vitoria electoral. Ao ser preguntado por GC, avisaba, “non todo vale” en política.

As mareas non só se levaron por diante ao PP, tamén a algúns medios”, ironizaba un dirixente de Compostela Aberta un día despois dos resultados electorais.  De feito, non tardaron en mudar as liñas editoriais dalgúns deses medios e as portadas e primeiras páxinas dos mesmos. Aqueles que non eran entrevistados, comezaron a ser entrevistados e a ter páxinas enteiras. “Debe de ser que queren tratar ben as mans que lle poden dar de comer”, apuntaba este mesmo dirixente.

E é que desde o 24M, varios destes medios de comunicación adícanlle día si e día tamén numeroso espazo informativo ás mareas cun tratamento moi diferente ao que lle daban xusto antes das eleccións. Algún veterano xornalista e tertuliano consultado por GC destaca que, especialmente, dura foi para El Correo e La Voz de Galicia a vitoria das mareas, xa que, estes medios, apostaran abertamente por outras candidaturas.

Foi unha derrota en toda regra para a súa liña informativa e a vitoria das candidaturas cidadás demostra que xa non son o todopoderosos que pensaban que eran. Xa non controlan á xente. Agora está Facebook, as redes sociais e, sobre todo, outros medios alternativos dixitais que chegan a milleiros de persoas”, destaca.

Cambios na dirección dos medios?

Outro antigo traballador de La Voz de Galicia apunta que, logo do 24M, hai movementos dentro do xornal de Santiago Rey e que non se descarta que haxa cambio de dirixentes nalgunhas delegacións. “É obvio que algúns delegados están moi próximos ao Partido Popular e iso non pode seguir así porque non hai nada de feeling cos futuros novos alcaldes”, destaca. O obxectivo sería situar ao fronte de determinadas delegacións a xente con “máis sensibilidade” cara aos novos actores políticos.

E é que en xogo están moitos cargos, os que veñen dos concellos e das deputacións. E, aínda que a Xunta siga nutrindo con milleiros de euros aos medios de sempre –xusto despois dos comicios acaba de destinar un millón de euros máis que se suman aos 5,5 que xa deu antes da campaña--, estes precisan das subvencións e dos convenios que lle chegan de moitas destas grandes cidades e dos organismos provinciais.

O futuro da política dos medios depende das mareas

En todo caso, queda por saber se os dirixentes das mareas van reproducir, como no seu día fixo o bipartito, o mesmo modelo de subvencións aos medios que está aplicando o Partido Popular. Isto é, dar cartos a cambio de propaganda sen ningún tipo de control obxectivo en función de criterios xornalísticos, profesionais ou lingüísticos. Na súa man tamén está impulsar códigos éticos ou leis de transparencia en relación aos medios de comunicación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

10 Operación Gladio-Complutense

A Revolución non será televisada. Quén controla os medios de comunicación, controla a percepción da realidade que lle chega a sociedade, polo tanto controla o seu pensamento e os seus actos. Os medios de comunicación en Galiza, agás uns poucos en Internet, están na sua totalidade en mans da burguesía e colonialismo. O apoio a franquistas do PPSOE primeiro, a Potemos, Ciudadanos, Mareados e demais panzistas de "frontes popularea cidadanistas" liderados polos que non son de dereitas nin esquerdas" é proporcional ao que lles negan a soberanistas, independentistas, presos políticos anticapitalistas e antimperialistas. O que amosa o csracter sistémico gatopardista de esta "disidencia" pre fabricada dende as cloacas do réxime.

1 comunista independentista

Pobres trolls a soldo do BNG... Sodes tan patéticos autoconsolándovos como exercendo de cans de présa do PpPsoE contra as mareas.

2 Xistral

Troll a soldo do BNG pode ser, pero os que estudamos algo sobre os "mass media", algo sabemos diso. E di unha verdade como unha casa. Estas cousas ademais son de libro, de manual, por iso parece incrible que xente chamada "libre e crítica" lle cole isto. Evidentemente non é o teu caso posto que polas veces que saes aquí ladrando, xa que escribir apenas sabes, dedúcese o teu nivel intelectual.

3 ruben

Se o BNG paga trolls a soldo fai ben que ten toda a prensa en contra. Ademáis o BNG do que vos falades aforroulle 1 millón d euros ao estado en propaganda electoral que non quixo así que algúns debiades lavar a boca antes ou documentarvos. Aquí quen paga sicarios e corruptos e o PPSOE

9 GaliciaPilingui

La Coz mudando a liña editorial cada catro anos, nunca tal se viu. O verso solto desa podremia adoita ser Tabarés, unha muller á que non hai quen lle tusa na cara e que ten moito máis poder do que indican os audímetros. Fai e desfai como directora de V Televisión canto quere, nótase que non atura a Fran Espiñeira e fai publicidade a quen lle convén. Demostrouno coa campaña que lle fixo a Beiras no 2012 e ás Mareas no 2015, a base de entrevistas intensivas no mes electoral. E fixo ben, que tanto a infecta CRTVG como os grimosos xornais de papel non fixeron outra cousa que ignorar descaradamente todo o que non era PP e ás veces PSOE. Por un pouco apoio mediático que tiveron, tampouco hai que queixarse tanto.

1 droghasNon

Que non a ve nin o can, pero ti segue cos teus flipes.

2 GaliciaPilingui

Igualiño entón que os debates electorais da TVG2, que non chegaron ó 1% de share. Repito que ten moito máis poder do que indican os audímetros. Por certo, o de Beiras no 2012 tamén poi por Podemos claro. O dito, droghas non.

3 Nontemetas

¿Cando Beiras levou ao BNG aos 18 deputados foi pola Tabarés nonsí? Os anunciantes e publicistas uns retrasados, ti un crack. A Tabarés ten unha influencia que chega por ciencia infusa.

4 Xistral

Os 18 diputados non os conseguiu só Beiras. E efectivamente o apoio mediático de la voz e outros medios ao BNG nese momento foi intensivo. Ver hemerotecas (é fácil, pero hai que ler claro...). A razón: interesaba debilitar ao PSOE pola corrupción galopante e porque había que aupar ao PP ao poder como fose. Repito: ver hemerotecas...

8 Obelisco

As mareas débenlle o seu éxito a Tabarés e Vía V. Os únicos que non se enteraban eran os do PP. Santiago Rey sempre xoga a cabalo gañador. Xa veredes como a partir de agora a La Voz de Galicia aínda lle vai ir mellor. Falamos dentro de dous anos, e darédesme a razón.

1 droghasNon

Que malas son as droghas. As Mareas deben o seu éxito ao aval de Pablo Iglesias e ao mitin que deu na Coruña onde a xente os identificou como unha marca de Podemos. Antes as Mareas deran mitins e non enchían salóns de actos de colexio, de cen persoas, como o do CEIP Eusebio da Guarda. A Tabarés, presenta un programa cunha audiencia residual, tanto que o vedes tres, pero para os consultores publicitarios a audiencia é tan cativa que non bareman a V Tv, e non existe.

2 Xistral

V tv ten unha audiencia residual, pero o programa da Tabarés ten unha audiencia bastante salientable. Ademais as mareas evidentemente identificábanse con podemos

7 galegoexiliado

A Prensa del Movimiento sempre supo adaptarse moi ben ós cambios democráticos pa protexer os seus intereses, pero á hora da verdade so defenden ós seus e a quenes consideran lexítimos propietarios do poder, e non aos usurpadores, como ben demostraron ó longo da democracia, e senon que llelo pregunten ó bipartito. Ahora trátase de sacar cartos pa seguinte batalla.

6 Aedes Fidelis

Non facia falta mais que ollar a cara de pau de Falete Espiñeira (practicamente non dixo nin pio e menos o seu habitual "esos del bloque..y sus satélites"- suponho que esa noite teria ración e media de lambida latorriana, por mor de manter o estatus - e o sorriso forzado da Pisaovos Tabarés na TV da Coz no dia seguinte á noite eleitoral.....