O futuro da Cidade da Cultura

Tampouco hai un consenso total entre BNG e PSdeG sobre o novo modelo de xestión da Cidade da Cultura...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 11/07/2008 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

Este novo modelo, a pesar de estar consensuado no seo do goberno, non remata coas dúbidas que existen sobre o complexo cultural. Tampouco convence a moitos dos que estiveron presentes nos distintos "comités de sabios" que puxo en marcha a Consellería de Cultura para tratar de darlle sentido aos contidos dos distintos edificios.

Son moitas as incognitas que se plantexan. Servirá para algo o traballo destes sabios ou será a nova fundación a que se encargue de todo?. Que papel terá a Xunta cando a súa porcentaxe é do 49% e xa ten invertidos 400 millóns no proxecto?. Por que, tal e como acontece no concurso eólico, son tantas as empresas galegas con interese en estar presentes nesta fundación cando foron moitos os poderes económicos e mediáticos que se amosaro contrarios a esta obra?. Son dúbidas que teñen respostas diferentes se quen contesta é unha ou outra formación do bipartito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 anónimo

anxela bugallo e demáis tropa semellante, ¡¡¡NUNCA MÁIS!!!

6 Steamroller

Pero munudo morro que lle botan estos do BNG ... non se sabe canto gastaron, non se sabe se foron 100, 200 kilos mais, o dobre ou o triple ... e agora sae a Bugalla decindo que vai privatizala pero que o sinte moito, pero que non pode decir os nomes dos empresarios. E para mais inri unha das fundacións está controlada polo conselleiro de economía e por ela mesma ...

Pois menos mal que son do BNG, porque se chegan a ser do PP xa está o comando titiriteiro na fronte de Teruel, primeira liña de fogo.

5 Pedro

Cómo é iso do traballo do comité de sabios? Qué traballo? Pero que carallo de traballo fixeron realmente estes sabios?

4 enxebre

O de que foi conseuado é falso, porque no BNG nada se sabía desta decisión, e os ánimos están moi alporizados.

3 rubicón

Alguén no BNG terá que explicar como se entrega a Cidade da Cultura ao capital privado.É gravísimo, porque hipoteca o futuro da cultura galega ao que decida o grande capital e os seus intereses. Están dacordo Paco Rodriguez e Quintana? Esta´decisión de Touriño revela que Bugallo non pinta nada, nin o BNG tampouco.