O futuro da Cidade da Cultura

Tampouco hai un consenso total entre BNG e PSdeG sobre o novo modelo de xestión da Cidade da Cultura...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 11/07/2008 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

Este novo modelo, a pesar de estar consensuado no seo do goberno, non remata coas dúbidas que existen sobre o complexo cultural. Tampouco convence a moitos dos que estiveron presentes nos distintos "comités de sabios" que puxo en marcha a Consellería de Cultura para tratar de darlle sentido aos contidos dos distintos edificios.

Son moitas as incognitas que se plantexan. Servirá para algo o traballo destes sabios ou será a nova fundación a que se encargue de todo?. Que papel terá a Xunta cando a súa porcentaxe é do 49% e xa ten invertidos 400 millóns no proxecto?. Por que, tal e como acontece no concurso eólico, son tantas as empresas galegas con interese en estar presentes nesta fundación cando foron moitos os poderes económicos e mediáticos que se amosaro contrarios a esta obra?. Son dúbidas que teñen respostas diferentes se quen contesta é unha ou outra formación do bipartito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

2 silveiras

Penso que ao final será un novo centro comercial, iso si, de deseño.
A Bugalla... como sempre de mal en mal até o peor.

1 Steamroller

Agora que caigo, gustaríame que alguén respondera a seguinte pregunta :

¿Quén ten a competencia para cesar á Bugalla, Touriño ou Quintana?

Juas, juas ...