Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2023 | Actualizada ás 17:09
Un avión que realizaba este martes a ruta Santiago de Compostela-Málaga tivo que desviar a súa ruta para aterrar de urxencia no aeroporto de Villanubla (Valladolid) coa finalidade de prestar asistencia sanitaria a bordo a un neno que sufría convulsións. Segundo informa unha conta non oficial de controladores aéreos (@contraldores) na rede social 'X', na noite do martes o pequeno atopábase "en bo estado" e "en boas mans".
A información que ofrece esta conta sinala que a tripulación notificou que necesitaban desviarse de urxencia a Valladolid debido a que un pasaxeiro, un menor, sufría convulsións, polo que os controladores facilitaron o descenso e coordinaron a manobra con compañeiros militares.
Posteriormente, pasadas as 22.00 horas informaron de que a tripulación despegara de novo con destino a Málaga e os controladores aéreos recortaran "a ruta no posible" para minimizar as molestias aos pasaxeiros. Segundo datos da web sobre rutas de voos flightradar24.com, indican que a aeronave de Vueling partía do aeroporto de Santiago ás 20.00 horas e sobre as 20.41 realizou a aterraxe no aeródromo valisoletano. Posteriormente, o avión despegou de Villanubla ás 21.55 horas e ás 22.51 tomaba terra no aeroporto de Málaga.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.