A Xunta retirará, tres anos depois, as gaiolas de Isidro de la Cal abandonadas no mar en Sada

A quebra do grupo empresarial provocou o abandono desta instalación e o Goberno galego toma medidas polo perigo actual que supoñen, aínda que recalca que non lle corresponde.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2023 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar contrata, por vía de emerxencia e cunha partida de 210.000 euros, os servizos de retirada e destrución das gaiolas de ollomoles, en 40 días, dunha filial da empresa en liquidación Isidro de la Cal que estaban abandonadas en Sada.

En declaracións á prensa tras o Consello, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou que a Xunta decidiu esta medida debido a que as gaiolas supoñen unha "ameaza" para a navegación e os bañistas ao chegar a areais da contorna.

A quebra do grupo empresarial Isidro do Cal fai tres anos provocou que esta instalación, que tiña capacidade de producir 250 toneladas anuais de ollomol, quedase abandonada, pois no procedemento concursal non se presentou ningunha oferta para quedar coas gaiolas.

O Goberno galego sostén que esta actuación lle corresponde á administración concursal da antiga Isidro de la Cal, pero tómase esta decisión debido ao perigo existente. E é que elementos como as cadeas que suxeitaban as gaiolas están moi deterioradas. Ademais, as cuadrículas nas que están situadas poden empregarse para outorgar unha nova concesión a futuros operadores interesados nesta zona.

Consello da Xunta. DAVID CABEZON
Consello da Xunta. DAVID CABEZON | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta