Que foi da 'Iniciativa Xabarín'? O BNG fala de "negacionismo do galego" por parte da Xunta

Replicou que a creación desta plataforma de contidos en lingua galega para a poboación infantil e xuvenil foi prometida para o ano 2019 e que "terminando outubro de 2023, aínda non se sabe nada dela".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2023 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

O BNG acusou de practicar unha actitude de "negacionismo" do galego á Xunta ante a falta de cumprimento do acordo unánime do Parlamento de Galicia en apoio á iniciativa popular que reclama a oferta de contidos específicos na CRTVG en lingua galega para a poboación infantil e xuvenil.

En resposta á pregunta feita en pleno este mércores pola deputada do Bloque Mercedes Queixas sobre a denominada 'Iniciativa Xabarín', o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, alegou cuestións técnicas na falta de cumprimento deste acordo. Segundo Rodríguez, está pendente de terminar o desenvolvemento da plataforma de contidos baixo demanda que albergará estes produtos audiovisuais en galego para os máis novos.

O conselleiro defendeu a necesidade de contar con esta ferramenta dado o cambio na forma de consumo de televisión e produtos audiviosuais que se produciu nos últimos anos e que acabou co modelo de "sentar diante da televisión a unha hora determinada" para ver un contido en concreto. A parlamentaria nacionalista replicou que a creación desta plataforma foi prometida para o ano 2019 e que "terminando outubro de 2023, aínda non se sabe nada dela".

Xabarín club
Xabarín club | Fonte: CRTVG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta