Interrompida a circulación ferroviaria entre Ourense-Vigo e A Coruña-Ferrol polo temporal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2023 | Actualizada ás 23:11

Comparte esta noticia

Renfe anunciou a interrupción da circulación ferroviaria entre Ourense-Vigo e A Coruña-Ferrol polas condicións meteorolóxicas adversas da borrasca Ciarán.

Segundo informaron, dada a situación e en previsión de fortes refachos de vento, modificáronse os servizos durante a noite deste mércores e durante o xoves.

Así, queda interrompida a circulación entre Ourense e Vigo. Renfe estableceu un servizo de transporte alternativo por estrada entre Ourense e Vigo para os viaxeiros dos trens afectados desta noite e de mañá á primeira hora. O servizo A Coruña-Ferrol e Ferrol-A Coruña tamén se realizarán por estrada.

Dúas persoas observan a ondada durante a entrada da borrasca Ciarán
Dúas persoas observan a ondada durante a entrada da borrasca Ciarán | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta