Por E.P. | OURENSE | 15/11/2023 | Actualizada ás 10:08
Axentes da Garda Civil de Luintra rescataron o pasado día 13 de novembro a unha muller asturiana que practicaba sendeirismo nunha ruta da Ribeira Sacra, en San Xoán de Cachón, no municipio de Nogueira de Ramuín.
A Garda Civil tivo coñecemento ás 14,00 horas do día 13 de que esta muller, que camiñaba en parella, sufrira unha caída. No rescate, que se realizou en padiola cun desnivel de 400 metros e prolongouse durante dúas horas, participou a Garda Civil, o GES de Pereiro, Protección Civil de Luintra e unha ambulancia dle 061.
A ruta que realizaba esta parella comeza no Parador de Santo Estevo e ten 7 quilómetros de lonxitude. Termina nos Peares.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.