Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 16/11/2023 | Actualizada ás 20:14
A Garda Civil esta investigando un atraco ocorrido á primeira hora deste xoves na localidade pontevedresa de Catoira e na que o ladrón portaba unha pistola.
O suceso ocorreu pouco antes das 9,30 horas da mañá na administración A Viquinga, situada no centro de Catoira, que nese momento abría as súas portas.
Un individuo que portaba unha arma introduciuse no local e levou a recadación da caixa rexistradora, que estes días é elevada debido ás vendas de Lotaría Nacional. A Garda Civil investiga os feitos para dar co ladrón.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.