Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2023 | Actualizada ás 14:18
Un home ao que incautaron droga mentres estaba interno no centro penal de Teixeiro, situado no municipio coruñés de Curtis, declarouse "inocente" dos feitos que se lle imputan e alegou que todo foi unha montaxe dun funcionario da prisión. Fiscalía pide para el unha pena de catro anos de cárcere por un delito contra a saúde pública.
"Ou dis que é de fulano ou valo a comer ti: ou el ou ti", é a frase que o acusado asegurou que lle dixo o funcionario que atopou a bolsa con droga. Así o manifestou durante o xuízo celebrado este martes na sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña. "Téñoo tan fácil como romperme a camisa e dicir que fuches ti", engadiu, en alusión á suposta coacción formulada polo empregado público.
"Quedábanme tres meses para saír de prisión", lembrou o procesado. Ademais, explicou que el non viu "o paquete" e que na sala onde o atoparon había "cinco persoas".
"TOTALMENTE FALSO", DI O FUNCIONARIO
En contraposición, dito funcionario declarou durante a vista que o relato do acusado é "totalmente falso". "Vina caer á beira do seu pé dereito", indicou, facendo referencia á bolsa que contiña "varios fragmentos alongados de distintas sustancias".
Cuestionado sobre a resposta do preso ao ser interrogado sobre se a mercadoría era súa, a testemuña explicou que o procesado "primeiro negouno e logo dixo que era para outro interno". Tamén, revelou que o día dos feitos o centro penal dera información aos empregados de que "ían facer un pase dunha serie de sustancias aproveitando unha comunicación".
PETICIÓN DE CONDENA
Na lectura de conclusións, a representante do Ministerio Público indicou que durante o proceso quedou "acreditado" que "non había outra posibilidade que as sustancias incautadas fosen do propio acusado". "Todas as probas son suficientes para ratificar os feitos", sentenciou.
Por iso, mantivo a súa petición inicial de condena de catro anos de prisión, así co
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.