Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/12/2023 | Actualizada ás 10:49
A Xunta publicou a convocatoria do concerto social para a reserva e ocupación de 154 prazas públicas de atención especializada a persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA).
O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns os requisitos que deben cumprir as entidades sociais que queiran concorrer a esta oferta de prazas, que inclúe o servizo de transporte vinculado ás mesmas e que conta cun orzamento de 15,1 millóns de euros para o período 2024-2028.
Do total das 154 prazas desta convocatoria, 117 correspóndense con servizos de centro de día e os 37 restantes son de atención residencial. As organizacións do terceiro sector teñen un mes de prazo, a contar a partir deste martes, para presentar as súas propostas. Terán que rexistralas obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario que está dispoñible na sede electrónica da Administración autonómica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.