Localizan nas proximidades do río Arenteiro pertenzas da muller desaparecida no Carballiño

Foi vista por última vez este sábado na parroquia de Arcos sobre as 15,30 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2023 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

O operativo de procura de Concepción Vázquez Sequeira, veciña de 80 anos do Carballiño desaparecida desde o sábado, localizou este luns pertenzas da muller nas proximidades do río Arenteiro.

Ademais, segundo confirmaron fontes da Garda Civil a Europa Press, cámaras do posto do Instituto Armado no municipio ourensán gravárona preto da ponte medieval Ponche Veiga. O operativo mantéñense activo desde este sábado, cando foi vista por última vez na parroquia de Arcos sobre as 15,30 horas.

Tal e como indica SOS Desaparecidos, a muller mide 1,70, é de complexión grosa e no momento da súa desaparición vestía unha chaqueta rosa e negra, portaba un paraugas violeta e un bastón, xa que ten mobilidade reducida.

Procura de Concepción Vázquez Sequeira. SOS DESAPARECIDOS
Procura de Concepción Vázquez Sequeira. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta