Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2023 | Actualizada ás 20:39
Tres persoas resultaron feridas este xoves nun atropelo múltiple rexistrado na localidade coruñesa de Carballo.
Segundo a información do CIAE 112-Galicia, sucedeu pasadas as 18,00 horas na Rúa Vázquez de Parga, cando unha furgoneta se saíu da vía e foise contra un semáforo. Debido ao impacto, alcanzou a tres persoas.
Dous dos feridos foron evacuados en ambulancia polo 061, mentres que a terceira acudiu aos servizos sanitarios en transporte particular. No operativo participaron, ademais, axentes de Policía Local e os Bombeiros de Carballo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.