Viva Grecia!

Grecia aguantou!!. O pobo grego demostrou valor, dignidade, coraxe, intelixencia, e.....democracia. Agora ten que empezar unha nova época, agora a troika terá que baixar os seus fumes, eles son os que teñen agora un problema, recorden o que lles dixen nun artigo anterior, se eu che debo un euro, eu teño un problema, se che debo un millón de euros, o problema telo tu

Por Carlos González Armada | Vigo | 12/07/2015

Comparte esta noticia
 
O mérito absoluto da democracia, e de porque sae gañando esta, é que Tsipiras e o goberno grego sabia do seu poder, sabia que podía tensar a corda porque o problema real o ten a UE, o ten o Euro, teno Alemaña, e a pesar diso Tsipras e o Goberno Grego non optou por tomar unha decisión (para o que estaría lexitimado segundo as urnas), senón que optou por darlle o poder ao pobo grego, optou porque a soberanía do pobo e a democracia en toda a súa plenitude se alzasen coa vitoria
 
Bravo Tsipras, o pobo reforzouche. Es grande. Agora debería de comezar unha nova era, unha era na que a Troika e os grandes poderes económicos teñan que escoitar ao pobo, agora, en novembro, tócalle a España, temos que dar un cambio radical, e PODEMOS facelo. Temos que sumarnos a Grecia e ser xunto a eles os estandartes da liberdade e da democracia, e min creo que podemos facelo, e espero que o hagamos.....espero que PODEMOS e Pablo Iglesias estean á mesma altura que Sirytza e Tsipras

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA