Feridas unha muller e unha nena en senllos atropelos, en Ferrol e Ponteareas

Segundo informou o CIAE 112 Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2024 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

Unha muller e unha nena resultaron feridas este xoves tras sufrir senllos atropelos en Ferrol e Ponteareas, segundo informou o CIAE 112 Galicia. O primeiro accidente tivo lugar sobre as 8,40 horas da mañá, no quilómetro 644 da N-120, no termo municipal de Ponteareas. Tras recibir o aviso do atropelo da nena, o 112 alertou a Urxencias Sanitarias-061, Policía Local de Ponteareas e aos servizos de mantemento da vía. A menor foi evacuada, consciente, nunha ambulancia.

Por outra banda, o xestor de Emerxencias informou doutro atropelo, ocorrido pouco antes do mediodía en Ferrol, na Avenida de Esteiro. Así, un particular avisou do ocorrido e alertou sobre a presenza dunha muller ferida. Desde o 112 deuse aviso ao 061 e a Policía Local. A muller foi trasladada en ambulancia ao hospital Arquitecto Marcide da cidade.

Sala de operacións 112 Galicia
Sala de operacións 112 Galicia | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta