Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2024 | Actualizada ás 17:51
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, reuniuse este luns con responsables de servizos de balnearios da comunidade para comezar a preparar unha nova edición do programa Benestar en Balnearios, que promove a Xunta.
No encontro, Antón Acevedo manifestou a súa satisfacción por como se desenvolveu o programa este ano, unha iniciativa que concluíu o pasado mes de decembro e que contou coa participación dunha quincena de balnearios do catro provincias.
Ademais, destacou que Benestar en Balnearios é unha iniciativa "plenamente consolidada", que permite ás persoas maiores "gozar de unso días de descanso, dedicando o seu tempo a coidarse así mesmos e a reforzar e facer amizades".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.