Por Galicia Confidencial | Celanova | 15/01/2024 | Actualizada ás 21:30
O pasado domingo estreouse en YouTube 'Celanova, Terra de Inmortais', unha curtametraxe documental que tenta aproximarse ás razóns que levaron a Terras de Celanova a converterse no territorio coa maior concentración de centenarios por habitante do planeta. "Estatisticamente, estamos a falar de 273 centenarios por cada 100.000 habitantes; cifra que quintuplica os datos da illa xaponesa de Okinawa, o bosón da lonxevidade máis recoñecido", destaca o director deste proxecto, Óscar Jiménez.
O traballo conta coa participación dos expertos Chema Falide, presidente da Sociedade Galega de Xerontología e Xeriatría, Miguel Ángel Vázquez, xeriatra, e Ana B. Crujeiras, investigadora principal do Grupo de Epixenómica en Endocrinoloxía e Nutrición do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela; e de Manuel -de 95 anos- e Carmen -de 100-, dous veciños da Merca e Gomesende, respectivamente. A través dos seus testemuños, a curtametraxe explica por que os celanovenses viven tanto e tan ben. Ademais, reflexiona, entre outros asuntos de rabiosa actualidade, sobre o futuro dunha sociedade que cada vez vive máis anos. Merece a pena vivir cen anos?, até cando se debe vivir?
'Celanova, Terra de Inmortais' é a ópera prima do jóven director valenciano Óscar Jiménez. Este documental nace o curso pasado como un traballo de universidade mentres Jiménez atopábase realizando 4º de Xornalismo como alumno de mobilidade SICUE na USC. Con todo, a pesar da súa precocidade, o realizador leva 5 anos publicando reportaxes na Veu Media, a canle de YouTube no que está dispoñible este traballo realizado en territorio galego.
Andrés García encargouse da dirección de fotografía, Sergio Gil e Carlos Menénedez do guión, Javier Bisús da realización e Manuel García da produción. Todos participaron tamén como alumnos de 4º de Xornalismo da USC.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.