Villares esixe ao Goberno que poña en marcha "canto antes" o Perte para a cadea mar-industria

Sinalou esta cuestión como "outro incumprimento máis do Goberno central" coa industria pesqueira galega

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2024 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, volveu a reclamar ao Goberno central que poña en marcha "canto antes" o Perte para a cadea-mar industria. En declaracións aos medios durante unha visita ás instalacións da empresa de conxelados López Freire (Lofre), en Lugo, Villares destacou que a activación deste Perte é "fundamental", xa que permitiría o acceso a fondos europeos para realizar investimentos que melloren os procesos produtivos e a competitividade das empresas do sector.

Segundo trasladou a Xunta nunha nota de prensa, o conselleiro do Mar tamén lembrou que o ministro Luís Planas fixo mención a esta cuestión durante a visita á última edición de Conxemar, en plena presidencia española do Consello europeo, sen que houbese ningunha novidade ata o momento.

Ademais, a administración autonómica sinalou esta cuestión como "outro incumprimento máis do Goberno central" coa industria pesqueira galega nun contexto económico "especialmente complexo pola elevada inflación, os efectos da invasión rusa de Ucraína ou a alza dos custos financeiros".

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, nunha visita á empresa de conxelados López Freire (Lofre), en Lugo.. XUNTA
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, nunha visita á empresa de conxelados López Freire (Lofre), en Lugo.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta