Así é o primeiro diccionario de metáforas de saúde mental

O repositorio está baseado en relatos de persoas con esquizofrenia, trastorno bipolar ou depresión, publicados en blogs e en X.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/02/2024 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

As metáforas non son soamente recursos literarios que utilizan os escritores para embelecer as súas obras. Trátase de ferramentas da linguaxe que se usan diariamente, na maioría dos casos co obxectivo de entender e comunicar mellor a realidade que nos rodea. Investigadores da Universitat Oberta de Catalunya (UOC) desenvolveron o Dicionario de metáforas de saúde mental, unha iniciativa pioneira que recolle e exemplifica as principais metáforas conceptuais en español utilizadas por persoas que padecen enfermidades mentais graves, principalmente esquizofrenia, trastorno bipolar, depresión ou trastorno obsesivo-compulsivo. O repositorio está baseado en relatos en primeira persoa que narran a vida co trastorno mental, e pode ser útil para comunicadores e profesionais da saúde mental, para familiares de persoas diagnosticadas dunha destas enfermidades, e mesmo para os propios afectados.

Depresión
Depresión | Fonte: Pixabay-Daniel Reche - Arquivo

"Trátase dun instrumento para visibilizar o sufrimento das persoas con enfermidades mentais e para sensibilizar á sociedade sobre esta cuestión. Cremos que este dicionario pode axudarnos a todos a reflexionar sobre o modo en que falamos sobre a saúde mental e a tomar consciencia do poder das nosas palabras", destacan Marta Coll-Florit e Salvador Climent Roca, investigadores do Grupo de Investigación Interuniversitario en Aplicacións Lingüísticas (GRAAL), dos Estudos de Artes e Humanidades, que coordinaron o desenvolvemento e a creación deste repositorio.

CONCEPTUALIZACIÓNS DESTA ENFERMIDADE

Este dicionario é un dos resultados do proxecto MOMENT, dedicado a detectar as metáforas que se utilizan no ámbito da saúde mental e que conceptualizacións esconden estas analoxías. "Por exemplo, non é o mesmo dicir 'tes que loitar contra a túa enfermidade' que dicir 'tes que convivir coa túa enfermidade'. A primeira metáfora destaca a confrontación entre a persoa e a afección, mentres que a segunda destaca a aceptación da situación", explican os investigadores.

Entre as conclusións desta investigación, destaca que este tipo de metáforas poden ter usos positivos ou negativos nos discursos públicos, os discursos das persoas afectadas, ou os das persoas que teñen contacto con elas. 

BLOGS E REDES SOCIAIS

Neste sentido, un dos elementos crave do repositorio é que todas as metáforas están tomadas de textos escritos en español publicados en liña a través de blogs ou na rede social X (antigo Twitter), xa que se trata de canles de comunicación que presentan unha vantaxe importante respecto doutros xéneros textuais

Un exemplo desta utilidade son as metáforas 'habituais no repositorio' que critican a profesión médica ou as que resaltan o sufrimento causado polo estigma social e a discriminación e que "mostran como os pacientes buscan máis empatía e comprensión do seu sufrimento por parte do persoal médico, así como da sociedade", describen os investigadores. Neste sentido, os autores destacan que o dicionario pode ser valioso para promover "discursos máis respectuosos" sobre a saúde mental desde as institucións públicas e a prensa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta