Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2024 | Actualizada ás 11:34
A Xunta publica este mércores no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das oposicións de educación para 2024, cuxas probas se desenvolverán a partir do 22 de xuño, e que contan con 1.743 prazas.
Os interesados deberán presentar as súas solicitudes na sede electrónica da Xunta. Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.
Deberá procederse tamén ao pago da taxa vixente no momento da presentación electrónica da solicitude. O prazo está aberto ata o 6 de marzo. Así mesmo, indican que o persoal interino e substituto, que presta servizos na educación pública galega, deberá participar no procedemento selectivo, sempre que se convoquen prazas da súa especialidade, para manter os seus dereitos nas listas.
As probas desenvolveranse a partir do 22 de xuño en diferentes localidades, que se concretarán nas próximas semanas e que se publicarán no Portal Educativo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.