Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/02/2024 | Actualizada ás 10:57
Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser exarceladas do coche tras saírse da estrada con el en Pontevedra. Ocorreu ás 5.00 da mañá deste sábado no quilómetro 128,6 da N-550, en Salcedo. A esa hora, os axentes de Tráfico solicitaban aos 112 medios de excarceración para liberar a dúas persoas que se quedaron atrapadas.
Así, os xestores da central de emerxencias avisaron aos bombeiros de Pontevedra, a Urxencias Sanitarias-061, á Policía Local e a Protección Civil. Unha vez no lugar, os bombeiros confirmaron a excarceración de dúas persoas
COCHE ENVORCADO EN MOAÑA
Por outra banda, pouco despois das 5.00 da mañá un particular chamaba ao 112 para informar doutro sinistro que deixaba un ferido ao saírse da estrada e envorcar co coche en Moaña. Ocorreu no quilómetro 3 da AG-46, á altura de Domaio e en dirección Vigo. No entanto, este particular non dicía se había persoas feridas.
O 112 puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias-061, dos bombeiros do Morrazo, de Tráfico e da Policía Local. Os bombeiros empregaron material de excarceración, xa que a persoa ferida estaba semiatrapada no vehículo, e posteriormente os sanitarios procederon á súa evacuación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.