Un accidente de tractor en Neda deixa un home falecido e outro ferido grave

O sinistro tivo lugar sobre as 13,52 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2024 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

Un home de 74 anos faleceu este luns como consecuencia dun accidente dun tractor en Neda. Neste mesmo sinistro, outra persoa, de 43 anos, resultou ferida e foi evacuada ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, segundo informou o 061.

O sinistro tivo lugar sobre as 13,52 horas, cando a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu a alerta polo accidente do tractor. Ao lugar desprazáronse unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que atenderon a dúas persoas, unha delas, que responde as iniciais de J.P.H., falecido no punto. O outro ferido, de 43 anos, e que responde as iniciais de R.P.R., foi evacuado ao hospital.

Un enfermeiro nun dos helicópteros medicalizados de Urxencias Sanitarias 061 Galicia que acudiu a un accidente / Europa Press / Europa Press
Un enfermeiro nun dos helicópteros medicalizados de Urxencias Sanitarias 061 Galicia que acudiu a un accidente / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta