Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2024 | Actualizada ás 10:23
Un motorista faleceu nunha caída ocorrida na mañá deste mércores ao seu paso pola parroquia de Bora, no municipio de Pontevedra.
Segundo informa o 112 Galicia, un particular alertou de que un motorista se atopaba tendido na cuneta na estrada PO-224. Indicaba que se caeu do vehículo e que non respondía a estímulos.
Así, deuse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico e Bombeiros de Pontevedra. O equipo médico confirmou o falecemento uns minutos despois.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.