A Semana Galega da Filosofía volverá converter Pontevedra en "líder do pensamento" a partir do luns

Participarán un total de 15 relatores de diferentes ámbitos ao longo de cinco días.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2024 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

A Semana Galega da Filosofía volverá entre os próximos luns e venres coa súa XL edición para converter á cidade de Pontevedra en "líder de pensamento". Este ano, o fío condutor será a análise do concepto do tempo. O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, recibiu este mércores aos representantes da aula Castelao de Filosofía. E é que ambas as entidades colaboran neste encontro que cumpre 40 edicións "convertido nun evento único e nunha cita ineludible coa análise e a reflexión, que busca achegar o coñecemento, a filosofía, á sociedade".

A Semana Galega da Filosofía sitúa cada ano á capital da provincia "como líder" nesta área do coñecemento, grazas a relatores que axudan a reflexionar e pór luz sobre diferentes temas. O vicepresidente da Deputación puxo en valor as "catro décadas reflexionando, xerando pensamento crítico e achegando a Pontevedra algúns dos nomes máis relevantes dentro da filosofía contemporánea, tanto de ámbito estatal, galego ou internacional".

A investigadora catalá Fina Birulés, especialista na obra e pensamento de Hannah Arendt, será a encargada de abrir as conferencias neste encontro no que, ao longo de cinco días, participarán un total de 15 relatores de diferentes ámbitos.

Desta maneira, polo escenario do Teatro Principal pasarán nomes como como Ana Carrasco Conde, Ana de Miguel Álvarez, Isabel Balza, Francisco Conde Soto, Manuel Cabada, Anselmo López Carrera, Yolanda Castaño, María Leyra, Carlos Callón, Xurxo Mariño, Alicia Puleo, Cristina García Sainz e Franco Bifo Berardi. O catedrático emérito da Universidade de Vigo, Arturo Leyte, especialista no idealismo alemán e Heidegger, pechará a Semana.

O programa estrutúrase en sesións de mañá, de contido máis puramente filosófico; tarde, centradas na análise da realidade galega; e noites, cun carácter máis divulgativo.

Sede actual en Vigo da Deputación de Pontevedra
Sede actual en Vigo da Deputación de Pontevedra | Fonte: Deputación de Pontevedra - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta