Temas: MúSICA

Guy Braunstein dirixirá á Orquesta Sinfónica de Galicia mañá en Vigo

Co italiano Massimo Spadano como violín solista. Persoas desempregadas, xubiladas e mozas poden beneficiarse da política de bonificación e descontos de Afundación.

Por GC Tendencias | Vigo | 30/09/2015 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta mañá en Vigo o seu primeiro concerto da tempada de música clásica coa Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) dirixida por Guy Braunstein e co italiano Massimo Spadano de violín solista. O recital, composto por obras de Bach, Mozart e Beethoven, terá lugar mañá, 1 de outubro, ás 20.30 h. no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas poden adquirirse mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade como  a web Ataquilla.com.

Ademais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo.

Guy Braunstein

Comeza os seus estudos de violín con sete anos, primeiro en Israel e posteriormente en Nova York. Desde entón ten partuicipado en concertos de música clásica e como solista cos máis destacados artistas e orquestras do seu tempo. No ano 2000, con 28 anos, converteuse na persoa máis nova en ser nomeada primeiro violín da Orquestra Filharmónica de Berlín, a cal abandonou en 2013 para retomar a súa carreira como solista.

Massimo Spadano

Nado en Italia, é desde o ano 1995 director musical e artístico da Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia. Ademais, ten actuado nas máis importantes salas e festivais de todo o mundo como concertino e solista de distintas formacións.

Orquesta Sinfónica de Galicia

Creada en 1992 polo Concello da Coruña, e con sede no Palacio da Ópera, a Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España. A formación, cuxo director titular desde a tempada 2013-2014 é Dima Slobodeniouk e Víctor Pablo Pérez o seu director honorario, foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña desde a súa creación en 1998. Ademais, realizou varias xiras por Alemaña e Austria e ten ofrecido concertos nas mellores salas de concertos españolas. 

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta