Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2024 | Actualizada ás 17:13
Traballadores e traballadoras da sanidade privada mobilizáronse en Santiago de Compostela en demanda dun "convenio digno" na provincia da Coruña.
Foi no marco dunha protesta desde o Hospital A Esperanza ata o da Rosaleda e dentro das mobilizacións que manteñen para reivindicar melloras laborais e salariais. Ademais, esixen a retirada das propostas feitas pola patronal ao entender que suporían "un retroceso" nas súas condicións laborais.
A protesta desta xornada coincidiu coa segunda das xornadas de folga convocadas. O responsable de negociación colectiva de CIG-Saúde, Miguel Tizón, asegurou que a patronal non deu "sinal algunha de querer sentar a negociar" e denunciou que aumentaron "as medidas de presión" sobre o persoal, "substituíndo a quen secunda a folga".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.