Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 26/04/2024 | Actualizada ás 17:24
Un motorista resultou ferido tras ser arroiado na cidade de Ourense por un camión que proseguiu a súa marcha sen atender á persoa que viaxaba na motocicleta. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o accidente produciuse ás 14,00 horas deste venres na rotonda situada debaixo da ponte do Milenio da Cidade das Burgas.
Un particular deu a voz de aviso á central de emerxencias a través dunha chamada na que pedía axuda para un motorista que se atopaba tirado sobre o pavimento e sufría mareos despois de ser tirado ao chan por un camión que non detivo a súa marcha. Ata o lugar mobilizáronse efectivos da Policía Local, Policía Nacional e Urxencias Sanitarias 061, quen atenderon ao motorista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.