Avance.- Por que o cese en Cultura?

O cese do secretario xeral da Consellería de Cultura, Carlos Amoedo, ten moito que ver coas diferencias, que dende hai tempo, mantén a cúpula do BNG coa titular deste departamento, Ánxela Bugallo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/11/2008 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia
Xa contamos aquí que a relación entre Quintana e Bugallo está rota. Segundo puido confirmar GC, Amoedo era unha persoa da total confianza de Quintana e as relacións deste con Bugallo non eran as desexadas dende hai tempo. Sen embargo, no entorno do líder do Bloque pensabase que Bugallo conservaría a Amoedo no seu posto ata as seguintes eleccións polo que o seu cese causou certo malestar, sobre todo, cando quedan cinco meses para os comicios. O propio Touriño non deixou pasar hoxe o momento, logo do Consello da Xunta, para asegurar que Bugallo "perdeu a confianza" en Amoedo e de paso, suxerir, a existencia dunha minicrise do BNG na Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 95 comentarios

95 trosky

como parece ser que os que non estamos nin estivemos nin queremos estar, nin estaremos alineados en ningunha opción politica clásica nin en ningunha máis que na acci´´on individual de loitar contra calquer caste de fascio, é polo que vos digo que vos f_odan a todos os do pp do bloque do psoe da upg e da nai que vos pariu a todos. xa soio faltaria que aparte de "mandar", como adoitades gostar dicir, que ainda por ribapretendades obrigarnos a que nos encadremos nos pensamentos e doutrinas que sostén as vosas inquinas. saúde

94 castro

par unha reestructuración de persoal non sempre fan falla cartos senon ter claro o que queres facer e mirar en cada sitio o que se necesita pero para eso fai falla saber, ter claro os teus obxectivos, ou sexa ter unha planificación e coñecer a administración e ningunha desas cousas as tiña o senor Amoedo. As demais cousas so so cortinas de fume para esconder a incompetencia. Polo que respecta ao sr Bará non creo que formara parte do programa do BNG a esternalización dos servicios, o arrodearse de "asesores" e ter aos empregados públicos so para pagar a inxente cantidade de facturas que está a acumular. Por outra parte tampouco e de recibo que na dirección xeral de creación cultural se gaste sen unha planificación e se gasta moito e que estén a tardar mais de catro meses en pagar facturas. E por certo contra todo o que tratan de comentar os empregados públicos, polo menos a inmensa maioria traballan moito e ben.

93 lucia

dani pero qué dices si tu nunca diste un palo al agua; por que será que siempre hablan los más indicados xD

92 dani

Estou de acordo de que o Sr. Amoedo debería de recebir aos funcionarios. Polo menos para facelos traballar un pouquiño, póis os que lle solicitaron a entrevista son os bagos e maleantes. Exceptuando os que no no son.

91 dani

O malo de Amoedo e o novo posto que lle darán no BNG.
Según din, na próxima asemblea da executiva desta organización, vano momear para que os paxaros non lle coman a cabeza a Quintana.