Castro,Amoedo non matou a Kennedy. Agora é fácil facelo responsábel de todas as tostadas, mais a responsábel de cesar a Luis Bará, non o esquezamos, é a Conselleira. E tampouco creo que a Dirección Xeral de Creación funcione pior que calquer outra dirección xeral, expedientes de convalidación lévanse cada semana ao consello da xunta, e por moita máis pasta, o que pasa é que só se filtran as do BNG, porque quen confecciona o dossier de prensa do consello é o ínclito Fernando Salgado.
Dito isto, por suposto que Amoedo non é perfecto, pero está desde logo por riba da media, e desde logo tamén que non é supermán: como vas restructurar unha relación de postos de traballo sen amortizar postos de traballo, se o conselleiro de economía che estrangula o capítulo I?
Que te cres, que Amoedo tiña a pasta apalancada?
Castro, sabes perfectamente que o capítulo I (dotación de novas prazas, aumento de niveis, etc.) é da consellaría de economía.
Amoedo só xestionou a miseria. E o fixo sen un só conflito social na Consellaría.