Avance.- Por que o cese en Cultura?

O cese do secretario xeral da Consellería de Cultura, Carlos Amoedo, ten moito que ver coas diferencias, que dende hai tempo, mantén a cúpula do BNG coa titular deste departamento, Ánxela Bugallo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/11/2008 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia
Xa contamos aquí que a relación entre Quintana e Bugallo está rota. Segundo puido confirmar GC, Amoedo era unha persoa da total confianza de Quintana e as relacións deste con Bugallo non eran as desexadas dende hai tempo. Sen embargo, no entorno do líder do Bloque pensabase que Bugallo conservaría a Amoedo no seu posto ata as seguintes eleccións polo que o seu cese causou certo malestar, sobre todo, cando quedan cinco meses para os comicios. O propio Touriño non deixou pasar hoxe o momento, logo do Consello da Xunta, para asegurar que Bugallo "perdeu a confianza" en Amoedo e de paso, suxerir, a existencia dunha minicrise do BNG na Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 95 comentarios

85 Mr. Ignatious O Reilly

Amigo Castro: imaxínache o que habría pasado na Consellería de Cultura se non houbese un Amoedo detras zurciendo todos os descosidos e despropósitos. En calquera caso, penso, talvez elucubrando en exceso, que detrás do cesamento de Amoedo está o control da Fudación CdC por parte do PSOE. Seguramente recompensarán a Anxela Bugallo cun bo carguete, para que non teña que regresar á súa anterior ocupación de becaroa. Sen controlar a FundaciónCdeC nin a TVG, e xa coa Dirección Xeral de Comunicación en Presidencia, que vai quedar para Cultura?

84 Pedro

Semella que Castro apunta con tino.

83 anónimo

castro, todo o que dis si que é poñer os puntos sobre as is. noraboa

82 castro

esperei ata o luns para ver cales eran as opinións dende fora sobre o cese de Amoedo. Unha parte da realidade que non toda é que a Consellería estaba ao pairo administrativamente. O secretario carecía de control sobre os directores xerais e iba a cabalo das erróneas decisións da dirección xeral de creación cultural que é o verdadeiro punto negro da consellería. Os gastos desmesurados, os plans pantasmas, as ideas tolas e o gasto sen control parte sempre de Luís Bará, e o secretario non foi quen de poñerlle cotas a un persoeiro escuro, burro e desconfiado que non soubo na súa vida planificar e levou a Conselleira a un ronsel de despropósitos que termionarán por abocar a consellería a unha especie de suspensión de pagos e ao afogue económico. Amoedo non soubo rodearse de persoal competente e mantivo a unha serie de ineptos vinculados ao PP e que so chegaron a eses postos por as súas relacións co PP, non hai nada novo nesto pero en Cultura o cambio so foi para peor e eso que Pérez Varela deixar o listón ben alto. Amoedo tiña os seus propios plans de futuro e a Conselleira decidiu cortarlle as ás, a destempo pero para tratar de recompoñer o seu futuro era necesario si como parece ser verdade o PSOE quere Cultura par si. A falsa fama de Amoedo como bo xestor é solo iso fume, porque que bo xestor ou soamentes que xestor que se precie permite os desmáns que se están a cometer na dirección xeral de Cultura que fixo da convalidación unha forma natural de xestionar o gasto, ou como é posibel que en tres anos non se teña feito unha reestructuración eficaz da plantilla da Consellería, ou que se permita que ao frente da Fundación CdCultura sega un inutil que non é capaz de planificar un futuro eficaz do complexo? e poderíamos seguir así poñendo exemplo de ineficacia por parte de Amoedo que a fin de contas era o encargado de poñer en marcha o proxecto da Conselleira e do BNG para a Cultura en Galiza. Mellor un inutil menos pero porqué pararse eiquí e non seguir depurando, polo menos sería capaz de facer algo nos seis meses que lle quedan ou lle quedan mais?

81 tinto

Hoxe Lois Blanco sigue na guerra contra a conselleira que ten montada La Voz de Galicia. Nada novo. O certo é que estes días semella que a guerra da Voz tamén estaba apoiada dende dentro e o destituído podería ser un colaborador necesario.