Avance.- Por que o cese en Cultura?

O cese do secretario xeral da Consellería de Cultura, Carlos Amoedo, ten moito que ver coas diferencias, que dende hai tempo, mantén a cúpula do BNG coa titular deste departamento, Ánxela Bugallo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/11/2008 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia
Xa contamos aquí que a relación entre Quintana e Bugallo está rota. Segundo puido confirmar GC, Amoedo era unha persoa da total confianza de Quintana e as relacións deste con Bugallo non eran as desexadas dende hai tempo. Sen embargo, no entorno do líder do Bloque pensabase que Bugallo conservaría a Amoedo no seu posto ata as seguintes eleccións polo que o seu cese causou certo malestar, sobre todo, cando quedan cinco meses para os comicios. O propio Touriño non deixou pasar hoxe o momento, logo do Consello da Xunta, para asegurar que Bugallo "perdeu a confianza" en Amoedo e de paso, suxerir, a existencia dunha minicrise do BNG na Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 95 comentarios

80 Mr. Ignatious O Reilly

Hoxe Lois Blanco ten mais razón que un santo, na contra da Voz: "Destituyendo a deshora a su secretario general, Anxela bugallo ha conseguido esta semana desbancar al Partido Popular. La conselleira ha liderado una eficaz campaña contra el bipartito" (sic)

79 dani

Os que critican a Amoedo e mesmo o tachan de aprobeitado deben ser os carterísta e ladróns. Non permitía roubar aos gobernantes galegos, foran os de antes ou os de agora.

78 Gaiactico

Vamos a ver Suum Quique:
1º Pensa o ladrón que todos son da súa condición.
2º Se o ínclito Sr Amoedo non se reunía coas OO.SS para tratar temas estrictamente laborais,¿cómo podes supoñer que o faría para abordar outro tipo de temas como o de dar explicacións sobre a CdC?. Como ti ben dis, para fiscalizar a actuación do governo xa está o parlamento.
3º A túa última afirmación non merece comentario porque é unha perogrullada. Só faltaba.

77 tinto

Quen da os carnets do BNG e quen os quita?. Sorprende ler que a unha persoa que é conselleira polo BNG e membro da executiva se lle aplique o de "en tempos bloqueira".

76 medusa

Raul, dis que que este tío malversou 300 euros? Seguro que o fixo con vistas ao que fora pasar. aqui o que semella é que unha conselleira, en tempos bloqueira, está facendo méritos para asegurarse o futuro. Dalle as arras-cdc- aos novos mecenas e catro meses antes das eleccións tráese un motor que pasa de dez a cero nun segundo. Mentres o seu aínda partido reacciona con madurez e serenidade, parabéns, son votos que gaña o bng.