Avance.- Por que o cese en Cultura?

O cese do secretario xeral da Consellería de Cultura, Carlos Amoedo, ten moito que ver coas diferencias, que dende hai tempo, mantén a cúpula do BNG coa titular deste departamento, Ánxela Bugallo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/11/2008 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia
Xa contamos aquí que a relación entre Quintana e Bugallo está rota. Segundo puido confirmar GC, Amoedo era unha persoa da total confianza de Quintana e as relacións deste con Bugallo non eran as desexadas dende hai tempo. Sen embargo, no entorno do líder do Bloque pensabase que Bugallo conservaría a Amoedo no seu posto ata as seguintes eleccións polo que o seu cese causou certo malestar, sobre todo, cando quedan cinco meses para os comicios. O propio Touriño non deixou pasar hoxe o momento, logo do Consello da Xunta, para asegurar que Bugallo "perdeu a confianza" en Amoedo e de paso, suxerir, a existencia dunha minicrise do BNG na Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 95 comentarios

60 Esmendréllome

Si, desde logo que tanta defensa aquí de Amoedo dá mala espiña. Tanta insistencia semella unha campaña orquestrada. Non sei se as tornas non se volverán contra del calquera día destes.

59 anónimo

Moita xente defendendo ao Carlos Amoedo este. Pero se tan honesto e maravilloso era e tan malísima a conselleira, como foi que non demitiu el antes?

E, ademais, non foi este o que a comezos da lexislatura se pagara unha factura a si mesmo de 300 euros por dar unha conferencia nun curso organizado polo seu propio departamento?

58 anónimo

advertindo de antemán que a coselleira non é do meu agrado, teño que coincidir con alberto no que di do incopetente do opus, no da mediocridade e indompetencia, no das irregularidades dos expedentes e, en definitiva, no das responsabilidades politicas e tecnicas do xa ex secretario xeral.

concordo tamén no que di gaiactico da actitude autista do ex s.x. respecto dos problemas dos traballadores.

e remato dicindo que é inaudito que sigan mantendo ao fronte do servizo de persoal a un manifesto incompetente que xa estaba no mesmo posto co governo do pp

57 Sous

O nomeamento do delegado provincial de cultura de Ourense como Secretario Xeral da Consellería leva a outra pregunta: Quen ocupará agora o posto de delegado/a provincial?

56 alberto

Volto a a retomar o fio este e vexo que está descontrolandose, en fin... que esto non te arregro. Por si a alguén lle interesa, e a risco de ser obxecto novamente de insultos (non eu en persoa, o meu alias obviamente) retomo o que dixen bastante mais enriba e o digo mais claro: se C.A. non o quisexe así, non teria sido cesado. Sobre o persoaxe (podemos decir agora que está nos medios) nen tanto nen tampouco. Non tiña o perfil para secretario xeral (e funcionario docente) rodeóuse de xente mediocre e mantivo a algun-ha incompetente do opus en postos medios, que foran noemeados na epoca do PP. Presentálo agora como un paladín da legalidade non é de recibo. O Sr. Amoedo é o responsable último da tramitación (presuntamente) incorrecta dos expedientes dos casos que estén na pluma de todos. ¿ou creedes que a conselleira asinaba as autorizacións e os documentos contables? pois non, era o sr. Amoedo con competencia delegadas como case todolos secretarios xerais. Quén foi o responsable de rodearse dun equipo de xestión ineficaz na sx de cultura ¿ a conselleiria? ou o responsable da unidade sr. Amoedo? ¿quen propuxo o nomeamento do subdirector xeral de xestión do sr. Amoedo e que se fugóu hai un par de meses para Economía a un posto de igual nivel? se alguen quere, ainda podo facer en voz alta mais preguntas. Esto e unha fuxida cara adiante en toda regra. Mais penso que se equivoca Carlos. Xa veremos se agora o BNG o premia ou o afasta e ten que voltar a Universidade, polo de pronto ten tres meses para pensar e buscarse a vida. Pero a vida e dura, e en Cultura se teñen feito as cousas moi mal, e o responsable non e solo a Conselleira, senón o S.X. Se algo chega os tribunais quen leva as de perder e o Sr. Amoedo, a conselleira terá responsabilidade política, pero daquela en tendo en conta o que será da sua vida, ¿que mais lle dará? O BNG ten agora dúas cabezas de turco para cando chegue a tormenta, e ou moito cambian as tornas ...ou as dúas depositará os leons. Ogallá me equivoque.