Avance.- Por que o cese en Cultura?

O cese do secretario xeral da Consellería de Cultura, Carlos Amoedo, ten moito que ver coas diferencias, que dende hai tempo, mantén a cúpula do BNG coa titular deste departamento, Ánxela Bugallo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/11/2008 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia
Xa contamos aquí que a relación entre Quintana e Bugallo está rota. Segundo puido confirmar GC, Amoedo era unha persoa da total confianza de Quintana e as relacións deste con Bugallo non eran as desexadas dende hai tempo. Sen embargo, no entorno do líder do Bloque pensabase que Bugallo conservaría a Amoedo no seu posto ata as seguintes eleccións polo que o seu cese causou certo malestar, sobre todo, cando quedan cinco meses para os comicios. O propio Touriño non deixou pasar hoxe o momento, logo do Consello da Xunta, para asegurar que Bugallo "perdeu a confianza" en Amoedo e de paso, suxerir, a existencia dunha minicrise do BNG na Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 95 comentarios

55 Gaiactico

Estimados foreiros:
1º A cultura neste país non é só a CdC. É dicir, pola mesma razón que o progreso non se mide só en Km de estradas, tampouco o desenvolvemento cultural dun país se cuantifica no número de pedras que forma a CdC.
2º Estamos mais preocupados por un edificio que ainda non funciona que polo resto dos centros culturais que están a pleno rendemento. Ah, por certo, dentro deles hai unha cousa que se chama traballadores. Destes e dos seus problemas, Amoedo nunca se acordou a pesar das numerosas peticións feitas polos sindicatos. Esperemos que Sierra non faga honor ó de "alguien vendrá que bueno te hará".

54 anónimo

srs. loadores, vésemos o plumeiro e a calaña moral:
1º.- queredes unha administración ó servizo dos intereses partidistas do bloque no canto dunha administración ó servizo dos inetreses xerais de tódolos cidadáns.
2º.- falades de chiringuitos da outra parte e olvidades que o bloque dende que governa xa inventou uns cantos: agadic, seaga, consorcio, galescolas, etc., etc. nos que enchufou mogollón de persoas afíns á causa.
3º.- dades lástima cando a vosa inquina vos leva a meter por medio cuestións sexistas e/ou relacións persoais da conselleira.
4º.- cégavos o sectarismo ata o punto de apularvos entre vos mesmos se fai falla.

amiguiños, faisevos grande o poder e iso, xa sabedes que fai enrugas e lorzas nos traxes ...

o voso é lamentableeeeee!!!!

53 Mr. Ignatious O Reilly

A Bugallo non lle chega a suela dos zapatos de Amoedo, en ningún aspecto. A ignorancia dunha conselleira (e aínda encima moi pouco puída ), contra a cultura acreditada dun catedrático con brillantes publicacións. En canto ao substituto de Amoedo, como xa alguén dixo, traballou sucesivamente para o PP e para o PSOE. Do mesmo xeito que a súa xefa, seguirá traballando para o PSOE?

52 Andrés

Xa cheira un pouco tanta loa a Carlos Amoedo.
E xa cheira tamén tanta alusión sexista a Ánxela Bugallo.
E todo isto con independencia de quen teña ou deixe de ter a razón. Estamos?

51 xose antón

Quédome co rigor periodístico de LA VOZ, o “demoledor” informe da intervención xeral, non deben de saber quenes lle pasaron o dato que os informes da intervención xeral nestes casos non son demoledores senón “preceptivos” (papel que leva o expediente antes de ir a consello, para que entendan as profanas), non é normal convalidar pero soe ser causado por ideólogos precipitados e ignorantes e non por secretarios técnicos capacitados ;o auténtico motivo do cese: cuestión estadistica, xa que a metade dos cargos cambiaron nesta lexislatura e a bugalla está máis que satisfeita co traballo de amoedo, argumentos esgrimidos por ela mesma