Rescatan o corpo sen vida dun pescador preto do encoro de Vilagudín, en Ordes

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2024 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

Os efectivos de Emerxencias rescataron o corpo sen vida dun home preto do encoro de Vilagudín, en Ordes, onde acudira a pescar, segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia.

Os feitos ocorreron na tarde deste martes, cando os familares do falecido alertaron de que, sobre as 19,00 horas, o home saíra da súa casa para ir pescar na contorna da área recreativa de Vilagudín.

Ao ver que tardaba en volver, os achegados achegáronse á zona e localizaron o seu vehículo, pero ningún sinal do home, polo que alertaron a Emerxencias. Os feitos foron postos en coñecemento do 061, Bombeiros de Ordes e Garda Civil.

Finalmente, o cadáver foi localizado a uns 60 metros da beira e os bombeiros puideron recuperalo do río. Os profesionais sanitarios só puideron confirmar a súa morte e fontes da Garda Civil confirmaron que o corpo non presentaba signos de violencia.

Encoro Vilagudín
Encoro Vilagudín | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta