Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2024 | Actualizada ás 13:56
Un bombeiro perdeu a vida tras derrubarse unha parede mentres inspeccionaba o estado dunha vivenda no número 127 da avenida de Beiramar, en Vigo.
Segundo informou o 112, foi minutos antes das 11,30 horas deste sábado cando un particular, que se atopaba co bombeiro e a Policía Local, deu a voz de alarma.
Así, indicou que estaban a revisar un tellado cando unha parede do inmoble cedeu e caeu encima do bombeiro.
Ata o lugar acudiron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Policía Nacional. Unha vez no punto, os sanitarios só puideron certificar o falecemento do bombeiro.
O concello decretou dous días de loito. Pola súa banda, o colectivo de bombeiros de Vigo difundiu un comunicado no que se pronuncian tras a morte dun compañeiro: "agora e sempre".
Tamén as principais forzas políticas, con Rueda, Pónton e Besteiro á cabeza, manifestaron a súa condolencias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.