Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/06/2024 | Actualizada ás 20:39
Victoria pola mínima para o Partido Popular que obtería entre 21 e 23 escanos, cun 32,4% dos votos, segundo a enquisa de Sigma Dos. En segundo lugar, a sondaxe outorga 2,2 puntos menos ao Partido Socialista de Teresa Ribera, que quedaría con entre 20 e 22 escanos. Se isto remata así, os populares case dobrarían os 12 eurodiputados alcanzados no 2019, mentres que os socialistas manterían os 20 ou incluso poderían subir ata 2.
A terceira foza sería Vox, que tamén multiplicaría por dous os seus actuais tres escanos. En Galicia, o partido de Abascal sobe 2,5 puntos, quedando no 5,1%, por baixo do porcentaxe a nivel estatal. Sumar lograría entre tres e catro representantes, e Podemos dous ou tres. A candidatura de Se acabó la fiesta podería entrar no Parlamento Europeo como novidade, ao obter entre dous e tres representantes. Junts lograría un eurodeputado e a Coalición por unha Europa Solidaria tamén o mesmo.
En Galicia, o PP subiría 7,5 puntos, ata o 37,5% dos votos, mentres que o PSOE baixaría catro. O BNG, integrado na coalición Agora Repúblicas (ERC, BNG e EH Bildu), conseguiría 4,3% dos votos, polo que subiría 2,5 puntos respecto a 2019. Porén, o actual escano de Ana Miranda está no aire, xa que a sondaxe lle outorga a esa coalición entre dous e tres representantes e a nacionalista figura no número tres da lista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.