Colón era a mesma persoa que Pedro Madruga?

Unha nova investigación do mexicano de orixe galega Modesto Manuel Doval insiste nesta teoría no seu libro “Cristóbal Colón. Señor feudal galego".

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 09/11/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Este martes presentase en Galicia outro novo libro que insiste na orixe galega de Colón. Desta volta trátase do investigador mexicano de orixe galega, Modesto Manuel Doval, que relaciona na súa nova obra, "Cristóbal Colón. Señor feudal galego", ao navegante con Pedro Madruga, un dos nobres máis importantes do século XV en Galicia. 

Unha imaxe de Cristóbal Colón
Unha imaxe de Cristóbal Colón

Doval suliña que os dous eran a mesma persoa e que así o certifica unha peritaxe caligráfica na que participaron, segundo apunta, máis de 80 peritos expertos de diversas partes do mundo. “A teoría iniciouse con Celso García de la Riega, sabemos que Colón era galego porque escribía no galego daquela época, cos mesmos xiros, e pola toponimia, porque os nomes dos sitios que foi bautizando no descubrimento constitúen un calco das Rías Baixas, das costas pontevedresas, de feito hai máis de 200 lugares que coinciden”, suliña nunha entrevista no Faro de Vigo.

“Os amigos de Pedro Madruga son os amigos que despois tería Cristóbal Colón, os inimigos de Cristóbal Colón son casualmente os inimigos de Pedro Madruga, os sitios onde dixo Cristóbal Colón que estivo son os mesmos que sabemos que estivo Pedro Madruga, hai moitísimos datos que apoian esa total coincidencia, datos avasaladores como que por exemplo Cristóbal Colón sempre protexeu aos fillos de Pedro Madruga, preocupouse por todos os seus fillos e xa na época de Carlos V afírmase que o fillo de Pedro Madruga era fillo de Cristóbal Colón, hai moitísimas coincidencias”, engade.

Con todo, segundo os documentos da época, Madruga morreu en 1486. Sobre esta cuestión, Doval destaca que “máis que morrer desaparece porque non hai enterro, non se atopa o corpo, ninguén o reclama, e casualmente o día que Cristóbal Colón visita aos Reis Católicos está documentado que é o mesmo día que Pedro Madruga visita aos monarcas, na mesma corte, no mesmo día e á mesma hora, estiveron sentados no mesmo banco”.

En relación a este cambio de identidade, o investigado cre que se debeu a que Pedro Madruga fora un dos inimigos máis importantes dos Reis Católicos. De feito, o nobre galego tomara parte na guerra civil castelá por Xoana a Beltranexa, inimiga da raíña Isabel. Nesa época, Madruga mantén unha excelente relación co rei Afonso V de Portugal, a quen servira como navegante e que o axuda en varias ocasións.

Esta é a clave, segundo Doval, para entender esa identidade compartida entre Colón e Pedro Madruga porque “coñecía os segredos mellor gardados da navegación portuguesa, era un experto navegante”. Por iso, e segundo a súa teoría, os reis católicos” o que fixeron foi dicirlle que non lle devolverían o condado de Sotomayor pero a cambio do que che darei entregarasme eses segredos da navegación de Portugal. E aí empezaron as negociacións”.

Outros detalles para conectar as dúas personaxes historias son, segundo Dovoal, que Colón utilizou topónimos da ría de Pontevedra para bautizar localidades que ía descubrindo, “ata 200”, mantén.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

9 Why not?

Vexo que hai moitos que siguen ríndo sen dar siquera unha posibilidade. Sen dúbida, xente coma eles son canteira de auto odio e chistes de galegos. Hai que quererse un pouco e leer antes de rir

8 jos

Os estudos linguísticos como o de Montero Santalha não deixam dúvidas da origem galega do genocida. A identidade com P. Madruga é totalmente plausível e bastante provável. O interessante hoje é constatar que a História fala do presente mais do que do passado. O genocídio e motivo de orgulho para o nacionalismo espanhol, enquanto a carga de preconceitos antigalegos impede-lhes aceitar a galeguidade de Colom. Se não pode ser de Valhadolid, que seja de Gênova.

7 Non son modesto

Eu fixen unha investigación da abdución de Risco polos extraterrestes. Vouno presentar en libro autopublicado (como o de Modesto), polo menos tedes que me dar tanto espazo como a este. Non teño estudos pero niso tamén son igual a Don Modesto.

6 nostrus

Esto no pasa de ser una teoria mas de las muchas que hay y que de ser cierta seria bonita, pero la mas extendida y la que tiene mayor fundamento es que era genoves. Seria un honor que un gallego tuviera tanta importancia en la historia de nuestro pais España, pero imagino que esta noticia será un duro golpe para los fascionalistas gallegueros negacionistas

1 LavoConColón

Francamente, nostrus, a mí no me parece honor ninguno considerarse compatriota de un individuo como este, bien sea Pedro Madruga o Cristóbal Colón. Se trate de una misma persona o de distintas, no considero honorable ninguna de las dos trayectorias (como mucho puedo reconocer los méritos de la navegación en el caso de Colón, pero no del devenir de la historia inmediatamente posterior en América producida por el mal llamado "descubrimiento"). Y otra cosa, yo que tú me miraría esa enfermiza obsesión con los nacionalistas. Pues aprovechar una simple noticia sobre la posibilidad de que Colón fuese gallego para hablar de un "duro golpe para los fascionalistas gallegueros negacionistas", pues como que no viene a cuento. A ver si va a ser el mundo al revés y resulta que el fanatismo no está en los galizos...

2 nostrus

LavoConColón: Gracias ao encontro con America podemos relacionarnos con eles e os españoles fomos os principales protagonistas.Deberias saber que os habitantes de America xa se mataban entre eles antes de que chegara Colon e si houbera sido ao reves e viñeran eles aqui seria do mesmo xeito. Por outra banda, os españoles fomos os que menos atricidades cometemos en America e si queres podes comparalo co que fixeron ingleses, franceses, holandeses ou mesmo os americanos, tanto no trato cos indios como cos negros. En canto ao meu desprecio ao nacionalismo galego, chamolle negacionistas polo seu afan en negar a nacion española a vez que minten sobre a galega, fascionalistas porque queren desde a sua debilidade impor as suas manias porriba dos dereitos da xente e galegueiros polo pesados que se fan e dende logo son eles moito mais maleducados e sinon mira os seus escritos e alcumes. Seria para eles un golpe no fuciño que Colon fose galego.

3 Teutonio

LavoConColón, o nostrus leva praí unha década expoñendo os seus simplistas slogans e atacando ao nacionalismo, en xornal.com, galiciae e agora aquí. Seica un nacionalista lle matou un can cun coche hai tempo e quedou traumatizado. Ademáis ten unha vida bastante triste e pobre e non atopa outro pasatempo, o cal é unha magoa porque de ler máis, non escribiría as parvadas que escribe e non caería en continuas contradiccións.

4 nostrus

Teutonio:Somos vellos coñecidos nos foros coa diferencia de que eu non preciso cambiar o alcume, inda que haxa algún que pretenda suplantarme. Pero trabucaste no teu analise porque levo moito tempo deixando ao nacionalismo co cú ao aire e ninguen é capaz de evitalo, ao sumo lanzades insultos e calumnias contra miña persona pola ausencia de argumentos. De cando en vez eu tamen vos insulto porque insultar é fácil, sobretodo con vos que non vos sabedes defender. O nacionalismo é egoista, insolidario, renegado, antipatriota, mentiroso e é moi sinxelo arrincarlle o disfraz

5 Teutonio

Somos vellos coñecidos?, eló?. Se rexeitas que os nacionalistas vexamos todo en branco e negro como se o mundo se dividise en bos e malos segundo a nosa ideoloxía-relixión-fobia-enfermidade mental, como é que describes aos centos de miles de cidadáns galegos con esas palabras?, non estás facendo exactamente o que lle criticas a outros?, non está o teu odio facéndote desprezar a cidadáns que poden ser brancos, verdes ou multicolores simplemente por unha serie de posicionamentos políticos?

6 LavoConColón

Nostrus: Creo que pecas otra vez en lo mismo. No creo que sea necesario citar a colonizadores holandeses, ingleses, franceses y las atrocidades por ellos cometidas para justificar o en cualquier caso minorar la responsabilidad de las atrocidades cometidas por la colonización española. El "nosotros matamos menos que ellos, por lo tanto somos mejores" pues como que no me vale. En cuanto al nacionalismo gallego, yo no considero que sea una corriente cerrada y perfectamente definida, y que la misma sea negacionista, supremacista o fascista. De hecho, considero que el nacionalismo gallego abarca múltiples vertientes y aspiraciones de tipo cultural, identitario y político. No creo que sea positivo generalizar.

7 LavoConColón

Y en cuanto a naciones, que yo sepa creo que España no es una nación ETIMOLÓGICAMENTE hablando, si no un Estado (dentro del cuál yo como gallego no debería tener ningún problema, siempre que se respete mi identidad como tal). Otra cosa son las acepciones jurídicas a utilizar y que están actualmente consolidadas. De hecho, aún me enteré hace poco de que nacionalidad histórica y nación son sinónimos etimológicos, sólo que hubo que utilizar esa acepción en términos jurídicos dado que a España se le llama "nación" en la Constitución. Pero ello no creo que se corresponda con la realidad. Pienso que a España se la puede denominar como lo que realmente y etimológicamente es, un Estado, sin que ello suponga ningún problema.

5 Fora nacionalismo espanhol

a min dame moito por ahí que for galego ou nom. Chama máis a atención os nacionalistas espanhois insultando, nom as teorias da origem de Colon, senon insultando a GZ e a sua lingua. Estes son a base do eleitorado do seitor espanholista do PP, a base do partido Ciudadanos, e os vilingues (que son o mesmo).

1 Fora!

Tes toda a razón o caso é menospreciar aos galegos!