Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/06/2024 | Actualizada ás 11:35
A Xunta abriu este sábado o prazo para que as empresas turísticas de Galicia soliciten a nova liña de axudas para reforzar a eficiencia enerxética. A convocatoria, que foi publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG), poden acceder os establecementos de aloxamento e, como novidade tamén os de restauración.
Financiada con fondos europeos, o prazo de solicitude está aberto desde este sábado ata o 14 de novembro e a liña de axudas é de concorrencia non competitiva. Como norma xeral, a intensidade da axuda será de ata un 70% do custo total subvencionable do proxecto, aínda que poderá chegar ao 80% ou ao 90% no caso de que se acrediten aforros de enerxía primaria non renovable dun 20 ou 30%.
A liña sufragará, entre outras accións, a mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica coa intención de reducir a demanda en calefacción e climatización de edificios completos, locais ou partes do edificio destinados ao establecemento turístico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.