Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2024 | Actualizada ás 19:14
O concello de Ourense celebrou outro pleno extraordinario con dous puntos do día: aprobar o convenio para adherirse ao programa Xantar na Casa e levantar o reparo de intervención sobre a aprobación da contratación das luces de Nadal.
Este segundo punto foi retirado polo rexedor municipal, mentres que a adhesión ao programa da Xunta de Galicia tivo unanimidade.
A sesión plenaria comezou coa reivindicación laboral a cargo dos empregados de Hispamoldes, que colgaron unha pancarta para protestar pola súa situación dado que a empresa italiana Sapa comprou co grupo para o que traballan.
O alcalde, Gonzalo Pérez Jacome, expulsounos da sala alegando que non se pode falar no salón de plenos e que estaban "a paralizar" a sesión. Unhas palabras ante as que se defendeu un dos traballadores que quixo dicir que "o Concello non fai nada por Ourense" e sinalou que ademais de hispamoldes "moitas outras empresas están a desaparecer e ninguén fai nada".
O rexedor convidouno a que fixese chegar ao executivo autonómico as súas queixas, unha frase á que o traballador replicou cun: "Á Xunta tamén, e ao goberno tamén, pero o concello non fai nada".
Tras o breve altercado deu paso a sesión plenaria extraordinaria na que abordaron o primeiro punto, a adhesión ao programa Xantar na Casa da Xunta de Galicia para substituír o servizo do Comedor sobre Rodas, que deixou de funcionar a finais do mes de marzo. A adhesión ao programa autonómico saíu adiante por unanimidade dos grupos políticos, aínda que a oposición afeou "o desmantelamento" dos distintos servizos sociais municipais.
Neste sentido, a portavoz popular, Noelia Pérez, recriminou que se tardou cinco meses en asinar o convenio coa Xunta de Galicia e durante case catro meses "houbo xente maior sen este servizo".
Unha situación na que tamén fixo fincapé a edil do BNG Ruth Reza, que pediu "axilidade" para que se poña en marcha o programa tras o atraso na firma do convenio. Ademais deste punto, o pleno levaba na súa orde do día o levantamento do reparo formulado pola intervención Xeral sobre a aprobación do expediente de contratación das luces de Nadal, para o 2024-2025.
Este punto tivo debate, aínda que xa se coñecía que ía ser retirado da orde do día, porque segundo explicou o portavoz do BNG, Luís Seara, recibiron unha mensaxe de WhatsApp do propio rexedor na noite de onte onde "xa me adiantaba que se ía a retirar para unha modificación e un mellor estudo".
"Non chegará a votarse o punto en si porque a votación da retirada terá mañá catorce votos a favor", leu Seara para sinalar "a sensación que tiven ao ver isto foi que é surrealista en grao superlativo". Así, consultou "que é o que se modificará? e que é o que se vai a estudar?" antes de ironizar, "supoño que o que van estudar é como convencer ao Partido Popular".
"Non nos chupamos o dedo, a retirada obedece a que non teñen garantida a aprobación deste punto, por tanto non teñen garantido que salga adiante", dixo o portavoz do Bloque lembrando que "o ano pasado tivo o colaborador necesario no Partido Popular, que se puxo de perfil" para a aprobación do gasto en luces de Nadal.
Precisamente este martes os populares foron os que votaron a favor da retirada da orde do día.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.